Nokia E72 - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo

A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía

está aprobada en redes UMTS 900, 1900 e 2100, e redes

GSM 850, 900, 1800 e 1900 . Póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos para obter máis información acerca

das redes.
O seu dispositivo admite varios métodos de conectividade

e, ao igual que os ordenadores, é posible que estea

exposto a virus e demais contido daniño. Teña precaución

coas mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e

descargas. Unicamente instale e utilice servizos e software

obtidos de fontes fiables que ofrezan seguridade e

protección axeitada, como aplicacións que pasasen o

proceso de certificación Symbian Signed ou Java Verified™.

Considere a posibilidade de instalar programas antivirus

e demais software de seguridade no dispositivo e nos

ordenadores conectados.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou

ligazóns preinstalados para sitios da Internet de terceiros

7

Se

guridade

background image

e que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios

non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que

Nokia non asumirá ningunha responsabilidade

correspondente a eles. Se accede aos sitios mencionados,

tome as precaucións necesarias relacionadas coa

seguridade ou cos contidos.

Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a

excepción do espertador, é necesario que se atope

acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que

poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os

costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das

demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible

que as leis de protección dos dereitos de autor non

autoricen a copia, modificación ou transferencia

dalgunhas imaxes, música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros

escritos da información importante almacenada no

dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo,

lea a guía de usuario para obter instrucións detalladas de

seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das

que aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información

importante acerca do dispositivo.