Nokia E72 - Verbo da xestión dos dereitos dixitais

background image

Verbo da xestión dos

dereitos dixitais

Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os

costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das

demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible

que as leis de protección dos dereitos de autor non

autoricen a copia, modificación ou transferencia de

imaxes, música e demais contido.
É posible que os propietarios de contidos utilicen

diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos

8

Se

guridade

background image

dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual,

incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza

varios tipos de software DRM para acceder a contido

protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible

acceder a contido protexido con WMDRM 10 e OMA DRM

2.0. Se un determinado software DRM non protexe o

contido, é posible que os propietarios do contido soliciten

que se anule a capacidade do mencionado software de

acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta

anulación pode tamén impedir a renovación do contido

protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM.

Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido

con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non

protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos

dixitais (DRM) subminístranse cunha licenza asociada que

define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante

OMA DRM, para facer unha copia de seguridade da licenza

e do contido, utilice a función de copia de seguridade de

Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non

transfiran as licenzas que é necesario recuperar co contido

para que poida continuar utilizando o contido protexido

mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do

dispositivo. Tamén é posible que necesite recuperar a

licenza en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante

WMDRM, a licenza e o contido perderanse se formata a

memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda a

licenza e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo.

A perda da licenza ou do contido pode limitar a súa

capacidade para utilizar o mesmo contido no seu

dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase

en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas

SIM específicas, e que só poida acceder ao contido

protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.