Nokia E72 - Seguridade

background image

Seguridade

Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode

resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario completa

para obter máis información.

ACENDIDO SEGURO

Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso

de teléfonos sen fíos estea prohibido ou cando

poida provocar interferencias ou resulte

perigoso.

A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO

Respecte a lexislación local. Manteña sempre as

mans libres para controlar o vehículo durante a

condución. A súa principal prioridade durante a

condución deberá ser a seguridade viaria.

INTERFERENCIAS

Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles

de recibir interferencias, o que pode afectar ao

seu rendemento.

DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS

Respecte as restricións. Apague o dispositivo

nos avións, preto de equipos médicos,

combustibles, produtos químicos ou zonas

volátiles.

SERVIZO CUALIFICADO

O produto só poderá ser instalado ou reparado

por persoal cualificado.

ACCESORIOS E BATERÍAS

Utilice unicamente accesorios e baterías

autorizados. Non conecte produtos non

compatibles.

RESISTENCIA Á AUGA

O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao

seco.