Axustes de confianza en
certificados
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Confiar nun certificado significa que o autoriza a verificar
páxinas web, servidores de correo, paquetes de software
e outros datos. Só se deben empregar certificados de
confianza para verificar servizos e software.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce
considerablemente os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da
seguridade. A existencia dun certificado non ofrece
protección por si mesmo. O administrador do certificado
debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou
fiables para poder aumentar a seguridade. Os certificados
teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso
de que o certificado debera ser válido, comprobe que a
hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre
asegurarse de que o propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.
Para cambiar os axustes de confianza, seleccione un
certificado e
Opcións
>
Axustes fiabilidade
. Desprácese
ata un campo de aplicación e prema a tecla de
desprazamento para seleccionar
Si
ou
Non
. Non se poden
cambiar os axustes de confianza dun certificado persoal.
Dependendo do certificado, amosarase unha lista das
aplicacións que poden usar o certificado:
•
Instalación Symbian
— Nova aplicación do sistema
operativo Symbian.
•
Internet
— Correo electrónico e gráficos.
•
Instalación aplics.
— Nova aplicación Java.
•
Compr. certif. en liña
— Protocolo de estado de
certificado en liña.