Xestor de certificados
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Os certificados dixitais serven para verificar a orixe do
software, mais non garanten a seguridade. Existen catro
tipos distintos de certificados: certificados de autoridade,
certificados persoais, certificados de sitio seguro e
certificados de dispositivo. Durante unha conexión segura,
un servidor pode enviar un certificado de servidor ao seu
dispositivo. Despois de recibilo, é comprobado por un
certificado de autoridade almacenado no seu dispositivo.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non
dispón do certificado de seguridade correcto no seu
dispositivo, recibirá unha notificación.
Pode descargar os certificados dende unha páxina web ou
recibilos coma mensaxe. Os certificados deben
empregarse cando se conecta a un banco en liña ou a un
servidor remoto para transferir información confidencial.
Tamén deben empregarse para reducir o risco de ser
infectado por virus ou demais software malicioso e
asegurarse da autenticidade dun software cando o
descargue e instale.
Consello: Se engade un novo certificado, comprobe
a súa autenticidade.
115
Se
gu
rida
de e xe
stión
de da
tos