Nokia E72 - Instalación de aplicacións e software 

background image

Instalación de aplicacións e

software

Os ficheiros de instalación pódense transferir ao

dispositivo dende un ordenador compatible, descargar

durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe

multimedia, como ficheiro adxunto de correo electrónico,

ou mediante outros métodos de conexión, como unha

conexión Bluetooth. Pode utilizar Nokia Application

Installer de Nokia Ovi Suite para instalar unha aplicación

no dispositivo.
Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Xestor aplic.

.

Os ficheiros de instalación están no cartafafol Ficheiros de

inst., e as aplicacións instaladas no cartafol Aplic. instal..
As iconas indican o seguinte:

aplicación .sis ou .sisx
Aplicación Java

Aplicación instalada na tarxeta de memoria

118

Se

gu

rida

de e xe

stión

de da

tos

background image

Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro

software procedente de fontes de confianza, como

aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba

Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
• Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o

seu fornecedor ou creador, seleccione

Opcións

>

Ver

detalles

.

Para ver os detalles do certificado de seguridade da

aplicación, seleccione

Ver detalles

.

• Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou

parche para unha aplicación existente, só pode

restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de

instalación orixinal ou unha copia de seguridade

completa do paquete de software eliminado. Para

restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación e

instálea de novo dende o ficheiro de instalación orixinal

ou dende a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se

non se atopa, é posible que o teléfono lle solicite a súa

descarga. Se non existe ningún punto de acceso

definido para a aplicación, solicitaráselle seleccionar

un. Durante a descarga do ficheiro JAR, é posible que

necesite inserir un nome de usuario e un contrasinal

para acceder ao servidor. Pode obtelos do fornecedor

ou creador da aplicación.

Para instalar a aplicación ou software, leve a cabo os pasos

que se indican a continuación:
1. Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Xestor aplic.

e

Ficheiros de

inst.

. Tamén pode buscar os ficheiros de instalación

mediante o Xestor de ficheiros ou seleccionar

Mensaxería

>

Caixa entrada

e abrir unha mensaxe

que conteña un ficheiro de instalación.

2. No Xestor de aplicacións, seleccione a aplicación que

desexa instalar.
Durante a instalación, o teléfono amosa información

acerca do seu progreso. Se instala unha aplicación sen

certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará

unha advertencia. Continúe a instalación só se está

seguro da orixe e contido da aplicación.

Para executar unha aplicación instalada, seleccione a

aplicación. Se a aplicación non posúe un cartafol

predeterminado definido, instalarase no cartafol

Instalacións do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados

e a súa data, seleccione

Opcións

>

Ver rexistro

.

Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación

antivirus. Dispoñer de máis dunha aplicación con función

antivirus pode afectar ao rendemento e funcionamento ou

provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de

memoria compatible, os ficheiros de instalación (.sis, .sisx)

permanecen na memoria do dispositivo. É posible que os

ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle

impidan almacenar outros ficheiros. Para manter

suficiente memoria, utilice Nokia Ovi Suite para facer unha

copia de seguridade dos ficheiros de instalación nun

ordenador compatible e, a continuación, utilice o xestor

de ficheiros para eliminar os ficheiros de instalación da

memoria do dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro

achegado dunha mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa

de entrada.

119

Se

gu

rida

de e xe

stión

de da

tos