Para usar unha conexión VPN nunha aplicación, a
aplicación debe estar asociada cun punto de acceso VPN.
Consello: Pode configurar os axustes de conexión
da aplicación en
Preguntar sempre
, neste caso,
seleccione o punto de acceso VPN nunha lista de
conexións ao establecer unha conexión.
1. Na aplicación na que desexe crear unha conexión VPN,
seleccione un punto de acceso VPN como punto de
acceso.
2. Se está a usar á autenticación herdada, introduza o seu
nome de usuario de VPN e o seu contrasinal. Se a chave
electrónica de SecurID quedou fóra da sincronización
co reloxo de ACE/Server, introduza o seguinte
contrasinal. Se está a usar unha autenticación baseada
en certificado, pode que teña que introducir o
contrasinal de almacenaxe de claves.