VPN móbil
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
VPN
.
A rede VPN (rede privada virtual de Nokia Mobile) crea
conexións seguras cunha Intranet corporativa compatible
e servizos como o correo electrónico. O seu dispositivo
conectase dende unha rede móbil, a través da Internet, a
unha pasarela VPN corporativa que actúa como porta
principal á rede corporativa compatible. O cliente VPN usa
a tecnoloxía IP Security (IPSec). IPSec é un marco de
traballo de estándares abertos para admitir o troco seguro
de datos en redes IP.
As políticas VPN definen o método usado polo cliente VPN
e a pasarela VPN para autenticarse uns aos outros, e tamén
os algoritmos de cifrado que se usan para axudar a
protexer a confidencialidade dos datos. Para obter unha
política VPN, póñase en contacto co departamento de TI
da empresa.
Para instalar e configurar o cliente VPN, os certificados e
as políticas, póñase en contacto co administrador de TI da
súa organización.