Configuración remota
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Teléfono
>
Xestor
disp.
.
O xestor de dispositivos permítelle xestionar de xeito
remoto os axustes, datos e software do seu dispositivo.
Pode conectarse a un servidor e recibir os axustes de
configuración para o seu dispositivo. É posible que reciba
perfís de servidor e distintos axustes de configuración dos
seus fornecedores de servizo ou do departamento de
xestión de información da empresa. Os axustes de
configuración poden incluír axustes de conexión e doutro
tipo empregados por distintas aplicacións do seu
dispositivo. As opcións dispoñibles poden variar.
Normalmente, o servidor comeza a conexión de
configuración remota cando os axustes do dispositivo
precisan ser actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor, seleccione
Opcións
>
Perfís servidor
>
Opcións
>
Novo perfil de
servidor
.
É posible que reciba estes axustes nunha mensaxe de
configuración enviada polo seu fornecedor de servizos. En
caso contrario, defina o seguinte:
•
Nome do servidor
— Introduza un nome para o
servidor de configuración.
•
ID de servidor
— Introduza o ID único para identificar
o servidor de configuración.
•
Contrasinal de servidor
— Introduza un contrasinal
para identificar o seu dispositivo no servidor.
•
Punto de acceso
— Seleccione o punto de acceso
utilizado para a conexión ou cree un punto de acceso
novo. Se o desexa, pode facer que se lle pregunte polo
punto de acceso cada vez que inicie unha conexión. Este
axuste só está dispoñible se ten seleccionado
Internet
como tipo de portador.
•
Enderezo de host
— Introduza o enderezo web do
servidor de configuración.
•
Porto
— Introduza o número de porto do servidor.
•
Nome de usuario
e
Contrasinal
— Introduza o seu ID
de usuario e contrasinal para o servidor de
configuración.
•
Permitir configuración
— Seleccione
Si
para permitir
que o servidor inicie a sesión de configuración.
•
Aceptar autom. todas
— Seleccione
Si
se non desexa
que o servidor lle solicite confirmación cando inicie
unha sesión de configuración.
•
Autentificación de rede
— Seleccione se quere usar
autenticación http.
117
Se
gu
rida
de e xe
stión
de da
tos
•
Nome de usuario de rede
e
Contrasinal de
rede
— Introduza o seu ID de usuario e contrasinal para
a autenticación http. Este axuste só está dispoñible se
seleccionou utilizar
Autentificación de rede
.
Para conectarse ao servidor e recibir axustes de
configuración para o seu dispositivo, seleccione
Opcións
>
Iniciar configuración
.
Para ver o rexistro de configuración do perfil escollido,
seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Para actualizar directamente por teléfono o software do
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Verificar
actualizacións
. A actualización non elimina os seus
axustes. Cando reciba o paquete de actualización no seu
dispositivo, siga as instrucións da pantalla. O dispositivo
reiniciarase cando remate a actualización. A descarga de
actualizacións de software pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos (servizo de rede). Asegúrese
de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente
ou conecte o cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.