Nokia E72 - Bloquear o dispositivo

background image

Bloquear o dispositivo

O código de bloqueo protexe o seu dispositivo dun uso non

autorizado. O código preconfigurado é 12345.
Para bloquear o dispositivo, na pantalla de inicio, prema

a tecla de acendido e seleccione

Bloquear teléfono

.

Para desbloquear o seu dispositivo, seleccione

Desbloq.

>

Aceptar

, escriba o código de bloqueo e seleccione

Aceptar

.

Para cambiar o código de bloqueo, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Xeral

>

Seguridade

>

Teléfono e tarxeta SIM

. Introduza o código actual e,

despois, introduza dúas veces o novo código. Requírese un

mínimo de 4 carácteres e poden utilizarse números,

símbolos e letras en maiúsculas e minúsculas.
Garde o código de bloqueo nun lugar secreto e seguro

lonxe do dispositivo. Se esquece o código de bloqueo e o

dispositivo está bloqueado, requirirase asistencia técnica.

É posible que se apliquen tarifas adicionais e que se

eliminen todos os datos persoais do dispositivo. Para

obter máis información, póñase en contacto cun centro de

Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.
Tamén pode bloquear o dispositivo de forma remota se

envía unha mensaxe de texto ao dispositivo.

Bloquear o seu dispositivo remotamente

1. Para activar o bloqueo remoto, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Xeral

>

Seguridade

>

Teléfono e tarxeta SIM

>

Bloqueo teléfono

remoto

>

Activado

.

2. Introduza o contido da mensaxe de texto. Pode conter

entre 5 e 20 carácteres e pódense utilizar tanto as

letras maiúsculas como minúsculas.

3. Introduza o mesmo texto de novo para verificalo.
4. Introduza o código de bloqueo.
5. Para bloquear o dispositivo remotamente, escriba o

texto predefinido e envíeo ao seu dispositivo como

mensaxe de texto. Para desbloquear o dispositivo,

necesitará o código de bloqueo.