
Realización de chamadas

Para usar a cámara principal para enviar vídeos, seleccione
Opcións
>
Usar cámara principal
. Para regresar á
cámara secundaria, seleccione
Opcións
>
Usar cámara
secundaria
.
Para tomar unha instantánea do vídeo que está a enviar,
seleccione
Opcións
>
Enviar a instantánea
. O envío do
vídeo detense e a instantánea amósase ó receptor. A
instantánea non se garda. Prema
Cancelar
para continuar
co envío do vídeo.
Para ampliar ou reducir a imaxe, seleccione
Opcións
>
Zoom
.
Para enviar o son a un ML portátil compatible ligado ao
seu dispositivo mediante a conectividade Bluetooth,
seleccione
Opcións
>
Activar mans libres
. Para que o
son se emita de novo polo altofalante do seu dispositivo,
seleccione
Opcións
>
Activar teléfono
.
Para cambiar a calidade do vídeo, seleccione
Opcións
>
Preferencia de vídeo
. A
Calidade normal
ten unha
porcentaxe de fotogramas de 10 fps. Utilice
Maior detalle
para visualizar detalles pequenos e estáticos. Utilice
Movemen. máis suave
para as imaxes en movemento.
Para axustar o volume durante unha videochamada,
utilice a tecla de volume situada no lateral do dispositivo.