Nokia E72 - Desvío de chamadas

background image

Desvío de chamadas

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Teléfono

>

Desvíos

.

A función serve para desviar chamadas entrantes á súa

caixa de correo de voz ou a outro número de teléfono. Para

obter máis información, póñase en contacto co fornecedor

de servizos.
Seleccione o tipo de chamadas que quere desviar e unha

das opcións seguintes:

Todas chamadas voz

ou

Todas chamadas

fax

— Desviar todas as chamadas entrantes de voz ou

de fax. Non pode responder ás chamadas, só desvialas

a outro número.

Se está ocupado

— Desviar chamadas entrantes se ten

unha chamada activa.

Se non responde

— Desviar chamadas entrantes

cando o dispositivo soa durante un tempo

determinado. Seleccionar o tempo que debe soar o

dispositivo antes de desviar a chamada.

Se fóra de cobertura

— Desviar chamadas cando o

dispositivo está apagado ou non ten cobertura.

Se non está dispoñible

— Desviar chamadas cando

ten unha chamada activa, cando non responde á

chamada ou cando o dispositivo está apagado ou non

ten cobertura.

Para desviar chamadas á caixa do correo de voz, seleccione

un tipo de chamada, unha opción de restrición e

Opcións

>

Activar

>

Á caixa de correo de voz

.

Para desviar chamadas a outro número de teléfono,

seleccione un tipo de chamada, unha opción de restrición

e

Opcións

>

Activar

>

A outro número

. Introduza o

número ou seleccione

Buscar

para utilizar o número

gardado nos Contactos.
Para comprobar o estado de desvío actual, desprácese á

opción de desvío e seleccione

Opcións

>

Comprobar

estado

.

Para desactivar o desvío de chamadas, desprácese á

opción de desvío e seleccione

Opcións

>

Desactivar

.