
Requisitos de compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha
conexión 3G. Para obter máis información sobre o servizo,
a dispoñibilidade da rede 3G e as tarifas asociadas co uso
37
Realización de chamadas

deste servizo, póñase en contacto co fornecedor do
servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre facer o
seguinte:
• Asegúrese de que o dispositivo estea configurado para
establecer conexións persoa con persoa.
• Asegúrese de dispoñer dunha conexión 3G activa e de
que se atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G.
Se se despraza fóra da zona de cobertura da rede 3G
durante unha sesión de compartir vídeo, o uso
compartido finalizará mentres continúa a súa chamada
de voz.
• Asegúrese de que tanto o remitente como o
destinatario se atopan rexistrados na rede 3G. Se
convida a alguén a unha sesión para compartir contidos
e o dispositivo do destinatario non se atopa dentro da
zona de cobertura de rede 3G, non dispón da función
para compartir vídeo instalada ou non configurou as
conexións persoa con persoa, o destinatario non
recibirá as invitacións. Nese caso, recibirá unha
mensaxe de erro que lle indicará que o destinatario non
pode aceptar a invitación.