Compartir vídeos en directo ou
videoclips
Durante unha chamada de voz activa, seleccione
Opcións
>
Compartir vídeo
.
1. Para compartir vídeos en directo durante a chamada,
seleccione
Vídeo en directo
.
Para compartir un videoclip, seleccione
Videoclip
e o
clip que desexe compartir.
É posible que teña que converter o videoclip nun
formato axeitado para poder compartilo. Se o seu
dispositivo lle indica que cómpre converter o videoclip,
seleccione
Aceptar
. O dispositivo debe dispoñer dun
editor de vídeo para que a conversión funcione.
2. Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou
números de teléfono, incluído o código de país
gardado na lista de contactos, seleccione o enderezo
ou número desexado. Se o enderezo SIP ou o número
de teléfono do destinatario non está dispoñible, insira
o enderezo ou o número do destinatario, incluído o
código do país, e seleccione
Aceptar
para enviar a
invitación. O seu dispositivo enviará a invitación ao
enderezo SIP.
A función de compartir vídeo iníciase
automaticamente cando o receptor acepta a
invitación.
Opcións dispoñibles na función de compartir
vídeos
Utilizar o zoom no vídeo (só dispoñible para o
emisor).
Axuste o brillo (só dispoñible para o emisor).
ou Poñer en silencio ou activar o micrófono.
ou Activar ou desactivar o altofalante.
ou Poñer en pausa e seguir compartindo vídeo.
Cambie ao modo de pantalla completa (só
dispoñible para o receptor).
3. Para finalizar a sesión da función de compartir,
seleccione
Deter
. Para finalizar a chamada de voz,
prema a tecla fin. Cando finalice unha chamada, a
función de compartir vídeo tamén finalizará.
Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione
Si
cando se lle solicite. O dispositivo infórmalle da
localización do vídeo gardado na memoria. Para definir a
localización da memoria preferida, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Compartir
vídeo
>
Memoria preferida
.
Se inicia outras aplicacións mentres comparte un
videoclip, a función de compartir detense. Para volver á
vista da función de compartir vídeo e continuar
compartindo, seleccione na pantalla de inicio
Opcións
>
Continuar
.