Nokia E72 - Axustes

background image

Axustes

Para configurar a función de uso compartido de vídeo,

cómpre establecer os axustes da conexión de persoa con

persoa e de 3G.

Axustes de conexión de persoa con persoa

As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co

nome de conexión de Protocolo de Iniciación de Sesión

(SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no

dispositivo para poder utilizar a función de compartir

vídeo. Solicite ó seu fornecedor de servizos os axustes do

perfil SIP e gárdeos no seu dispositivo. O seu fornecedor

de servizos pode enviarlle os axustes ou proporcionarlle

unha lista dos parámetros necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a unha tarxeta de contacto:
1. Seleccione >

Contactos

.

2. Abra a tarxeta de contacto (ou inicie unha tarxeta nova

para esa persoa).

3. Seleccione

Opcións

>

Engadir detalle

>

Compartir

vídeo

.

4. Insira o enderezo SIP co formato

nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar un

enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar

o número de teléfono do destinatario, incluído o

código de país, para compartir vídeo (se o fornecedor

de servizos de rede o admite).

Axustes de conexión 3G

Para configurar a súa conexión 3G:
• Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para

establecer un acordo para que utilice a rede 3G.

• Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de

acceso 3G do dispositivo están configurados

correctamente.

38

Realización de chamadas