
Aceptar unha invitación
Cando alguén lle envía unha invitación para compartir
vídeo, a mensaxe de invitación amosa o nome do
remitente ou o enderezo SIP. Se o dispositivo non está
axustado no modo de silencio, soará cando reciba unha
invitación.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non
se atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS, non
saberá que recibiu unha invitación.
39
Realización de chamadas

Cando reciba unha invitación, seleccione unha das opcións
seguintes:
•
Si
— Aceptar a invitación e activar a sesión para
compartir.
•
Non
— Rexeitar a invitación. O remitente recibe unha
mensaxe de que rexeitou a invitación. Tamén pode
premer a tecla fin para rexeitar a invitación e finalizar
a chamada de voz.
Para poñer en silencio o vídeo no dispositivo, seleccione
Opcións
>
Silenciar
.
Para reproducir o vídeo co volume orixinal, seleccione
Opcións
>
Volume orixinal
. Isto non afecta á
reprodución de vídeo da outra parte da chamada.
Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione
Deter
. Para finalizar a chamada de voz, prema a tecla fin.
Cando remate unha chamada, tamén rematará a función
de compartir vídeo.