Chamadas de voz
1. Na pantalla de inicio, insira o número de teléfono,
incluído o prefixo. Para eliminar un número, prema a
tecla de retroceso.
Nas chamadas internacionais, prema + (+ substitúe ao
código de acceso internacional) e insira o prefixo do
país, o prefixo de área (omita o primeiro cero se fora
necesario) e o número de teléfono.
2. Para realizar a chamada, prema a tecla Chamar.
3. Para finalizar a chamada (ou para cancelar o intento
de chamada), prema a tecla Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se finalizará a chamada,
mesmo se outra aplicación se atopa activa.
Para realizar unha chamada desde a lista de contactos,
seleccione
Menú
>
Contactos
. Desprácese ata o nome
desexado ou introduza as primeiras letras ou caracteres
do nome no campo de busca. Para chamar ao contacto,
prema a tecla Chamar. Se gardou varios números para un
contacto, seleccione o número desexado da lista e prema
a tecla Chamar.