Reciclado
Cando o dispositivo alcanza o final da súa vida
útil, é posible converter todos os seus
materiais en novos materiais e enerxía. Para
garantir a correcta eliminación e reutilización
do produto, Nokia coopera cos seus asociados
a través dun programa denominado
We:recycle. Para obter información acerca de como
reciclar os seus produtos Nokia antigos e sobre onde
atopar lugares de recollida, diríxase á páxina
www.nokia.com/werecycle, ou se está a utilizar un
dispositivo móbil, á páxina nokia.mobi/werecycle ou
chame ao centro de contacto de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o
procedemento habitual na súa zona.
143
Protexer o medio ambiente
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no
produto, na batería, nas instrucións ou na embalaxe
lémbralle que todos os produtos eléctricos e
electrónicos, as baterías e os acumuladores se deben
refugar por separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase na Unión Europea. Non se desfaga deste
produto do mesmo xeito que dos residuos domésticos
normais. Para obter máis información verbo dos atributos
medio ambientais do seu dispositivo, consulte
www.nokia.com/ecodeclaration.