GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS require cobertura de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de
asistencia técnica mediante unha conexión de paquetes
de datos, que axuda a calcular as coordenadas da súa
localización actual cando o dispositivo recibe sinais dos
satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información
útil por satélite dende un servidor de datos de asistencia
a través da rede móbil. Coa axuda dos datos de asistencia,
o seu dispositivo pode obter a localización do GPS de xeito
más rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar
o servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan dispoñibles
ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de servizos
específico. Os datos de asistencia recupéranse dende o
servidor do servizo A-GPS de Nokia só cando é necesario.
Para desactivar o servizo A-GPS, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Datos GPS
e
Opcións
>
Axustes
posicionamento
>
Métodos posicionamento
>
GPS
asistido
>
Opcións
>
Desactivar
.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar os datos de asistencia do
servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión de
paquetes de datos. O punto de acceso para A-GPS pódese
definir nos axustes de posicionamento. Para este servizo
non se pode utilizar un punto de acceso LAN sen fíos
(WLAN). Só se pode utilizar un punto de acceso á Internet
de paquetes de datos. O dispositivo solicita que seleccione
o punto de acceso á Internet cando o GPS se utiliza por
primeira vez.
76
Posicionamento (GPS)