Guía de ruta
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Datos GPS
e
Navegación
.
Inicie a guía de ruta nun lugar ao aire libre. Se a inicia nun
lugar interior, pode que o receptor GPS non reciba a
información necesaria dos satélites.
A guía de ruta utiliza un compás xiratorio na pantalla do
teléfono. Un punto vermello amosa a dirección cara ao
destino, e a distancia aproximada amósase dentro do anel
do compás.
A guía de ruta serve para amosar a ruta máis directa e a
distancia máis curta ao seu destino, medidas en liña recta.
Os obstáculos que se atopan na ruta, como edificios e
obstáculos naturais non se teñen en conta. As diferenzas
de altitude non se teñen en conta cando se calcula a
distancia. A guía de ruta está activa só cando vostede se
move.
Para axustar o destino da súa viaxe, seleccione
Opcións
>
Fixar destino
e un marcador como o destino, ou insira as
coordenadas de latitude e lonxitude.
Para borrar o destino fixado para a súa viaxe, seleccione
Deter navegación
.