Nokia E72 - Consellos para crear unha conexión GPS

background image

Consellos para crear

unha conexión GPS

Se o dispositivo non pode atopar o sinal do satélite,

considere o seguinte:
• Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para

recibir un sinal mellor.

• Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis

aberto.

• Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do

dispositivo.

• Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade

do sinal pódese ver afectada.

• Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos)

que poden bloquear os sinais dos satélites.

Comprobación do estado do sinal de satélite — Para

comprobar o número de satélites que atopou o dispositivo

e para saber se está a recibir sinais de satélite, seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Datos GPS

e

Opcións

>

Estado

do satélite

.

Se o dispositivo atopou

satélites, aparece unha barra

por cada satélite na vista de

información acerca de satélites.

Canto máis longa sexa a barra,

maior intensidade terá o sinal

do satélite. Se o dispositivo

recibiu información abondo do

sinal do satélite para calcular as coordenadas da súa

posición, a barra cambia de cor.

Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites

como mínimo para poder calcular as coordenadas da súa

posición. Unha vez realizado o cálculo inicial, pode que

sexa posible continuar calculando a súa localización

mediante tres satélites. Non obstante, polo xeral a

precisión é mellor cantos máis satélites se atopan.