Métodos de posicionamento
Seleccione unha das opcións seguintes:
•
GPS integrado
— Permite utilizar o receptor GPS
integrado do dispositivo.
•
GPS asistido
— Permite utilizar o GPS asistido (A-GPS)
para recibir datos de axuda desde un servidor de datos
de axuda.
•
Bluetooth do GPS
— Permite utilizar un receptor GPS
externo compatible coa conectividade Bluetooth.
•
Baseado en rede
— Permite utilizar información da
rede móbil (servizo de rede).
Servidor de posicionamento
Para definir un punto de acceso e un servidor de
posicionamento para os métodos de posicionamento
asistidos pola rede, como o posicionamento baseado na
rede ou o GPS asistido, seleccione
Servidor
posicionamento
. É posible que o servidor de
posicionamento estea preestablecido polo seu fornecedor
de servizos e que non poida editar os axustes.
Axustes de notación
Para seleccionar que sistema de medición desexa utilizar
para as velocidades e as distancias, seleccione
Sistema de
medidas
>
Métrico
ou
Imperial
.
Para definir en qué formato desexa que se visualice a
información das coordenadas no seu dispositivo,
seleccione
Formato coordenadas
e o formato que
desexe.