Perfís
.
Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os tons
de aviso e outros tons do dispositivo para distintos
eventos, contornos ou grupos de persoas que chaman. O
perfil activo amósase na parte superior da pantalla de
inicio. Se o perfil activo é Xeral só amosarase a data de
hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione
Opcións
>
Crear
novo
e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Personalizar
.
Para activar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Activar
.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora
determinada nas vindeiras 24 horas, desprácese ao perfil,
seleccione
Opcións
>
Temporizado
e fixe a hora. Cando
se supere a hora establecida, o perfil cambiará de novo ao
perfil sen límite de tempo activado anteriormente. Cando
se programa un perfil, amósase na pantalla de inicio. O
perfil Fóra de liña non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione
Opcións
>
Borrar perfil
. Non se poden eliminar os perfís
predefinidos.
Ao activar o perfil Desconectado, a conexión coa rede
móbil péchase. Impídese o envío e recepción de todos os
sinais de radiofrecuencia entre o dispositivo e a rede
móbil. Se intenta enviar unha mensaxe, colócase na
carpeta de Caixa de saída e soamente se envían cando está
activado outro perfil.
Tamén pode utilizar o seu dispositivo sen unha tarxeta
SIM. Se retira a tarxeta SIM, activarase o perfil
Desconectado.
89
Pe
rson
al
iz
ac
ió
n
Importante: No perfil Desconectado, non é posible
efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar outras funcións
que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen
embargo, poderá efectuar chamadas ao número de
emerxencia oficial programado no dispositivo. Para
efectuar chamadas, primeiro cómpre activar a función do
teléfono mediante a modificación dos perfís. Se se
bloqueou o dispositivo, insira o código de bloqueo.
Cando utilice o perfil Desconectado, aínda poderá utilizar
unha rede LAN sen fíos (WLAN), por exemplo, para ler o seu
correo electrónico ou para navegar pola Internet. Tamén
pode utilizar a conectividade Bluetooth. Non esqueza
cumprir os requisitos de seguridade aplicables ao
establecer e utilizar conexións WLAN ou Bluetooth.