
Tecla Navi óptica
Para procurar e navegar polas páxinas e mapas web, e para
desprazarse polas listas, deslice o seu dedo sobre a tecla
Navi óptica (tecla de desprazamento).
Para desprazarse por unha lista, de elemento en elemento,
deslice o dedo lentamente pola tecla de desprazamento.
Para desprazarse por unha lista pasando varios elementos
á vez ou para moverse pola pantalla, deslice o dedo
rapidamente pola tecla de desprazamento.
Captura de imaxes — Para enfocar automaticamente a
cámara, apoie o dedo sobre a tecla de desprazamento.
Para capturar unha imaxe, prema a tecla de
desprazamento.
Axustes da tecla Navi óptica — Para activar ou
desactivar a tecla Navi óptica ou modificar outros axustes,
seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Personalización
>
Tecla Navi óptica
.