Nokia E72 - Traballar na pantalla de inicio

background image

Traballar na pantalla de inicio

Para buscar contactos na pantalla de inicio, introduza os

primeiros caracteres do nome do contacto. Seleccione o

contacto requirido na lista dos resultados suxeridos. Pode

que esta función non estea dispoñible en todos os

idiomas.
Para chamar ao contacto, prema a tecla Chamar.
Para desactivar a busca de contactos, seleccione

Opcións

>

Busca contactos desact.

.

Para ver se recibiu mensaxes, seleccione o cadro de

mensaxes da área de notificacións. Para ler unha mensaxe,

selecciónea. Para acceder a outras tarefas, desprácese á

dereita.
Para ver se ten chamadas perdidas, seleccione o cadro de

chamadas da área de notificacións. Para devolver unha

chamada, seleccione a chamada e prema a tecla Chamar.

Para enviar unha mensaxe de texto ao emisor da chamada,

seleccione a chamada, desprácese á dereita e seleccione

Enviar mensaxe

para obter unha lista das funcións

dispoñibles.
Para escoitar o correo de voz, seleccione o cadro de correo

de voz da área de notificacións. Seleccione a caixa do

correo de voz requirida e prema a tecla Chamar.