Vistas do calendario
Seleccione
Menú
>
Axenda
.
Pode alternar entre as seguintes vistas:
• A vista do mes amosa o mes actual e as entradas de
axenda do día seleccionado nunha lista.
• A vista da semana amosa en sete caixas os
acontecementos da semana seleccionada.
• A vista do día amosa os acontecementos do día
seleccionado agrupados en ocos temporais segundo a
hora de inicio.
• A vista de tarefas amosa todas as tarefas.
• A vista da axenda amosa nunha lista os
acontecementos do día seleccionado.
Para cambiar de vista, seleccione
Opcións
>
Cambiar
vista
e a vista que desexe.
Consello: Para abrir a vista da semana, seleccione
o número de semana.
Para pasar ao día seguinte ou previo do mes, semana, día
e vista da axenda, seleccione o día que desexe.
Para cambiar a vista predeterminada, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Vista predeterminada
.