Transferencia de música
dende un ordenador
É posible utilizar os seguintes métodos para transferir
música:
• Para ver o dispositivo nun ordenador como un
dispositivo de memoria masiva onde pode transferir
ficheiros de datos, establecer a conexión mediante un
cable de datos USB compatible ou a conectividade
Bluetooth. Se está a utilizar un cable USB, seleccione
Almacenaxe masiva
como modo de conexión USB.
Cómpre inserir unha tarxeta de memoria compatible no
dispositivo.
• Para sincronizar música con Windows Media Player,
conecte un cable de datos USB compatible e seleccione
PC Suite
como modo de conexión USB. Cómpre inserir
unha tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
Para cambiar o modo de conexión USB predeterminado,
seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
USB
e
Modo de conexión USB
.