
Reproducir videoclips e
ligazóns de streaming
Para reproducir un videoclip, seleccione
Videoclips
e un
clip.
Para listar os ficheiros reproducidos recentemente,
seleccione
Máis recentes
na vista principal da aplicación.
Para obter en streaming contido polo aire (servizo de
rede), seleccione
Ligaz. streaming
. RealPlayer recoñece
dous tipos de ligazóns: unha URL rtsp:// e outra http:// que
apunta ao ficheiro RAM. Antes de que o contido se
transmita por streaming, o dispositivo debe conectarse a
unha páxina web e gardar o contido nunha memoria
intermedia. Se un problema de conexión de rede causa un
erro de reprodución, RealPlayer intenta reconectarse
automaticamente co punto de acceso a Internet.
Para descargar videoclips da web, seleccione
Vídeos
descarg.
.
Para axustar o volume durante a reprodución utilice as
teclas Volume.
Para avanzar rapidamente durante a reprodución,
desprácese á dereita e manteña pulsada a tecla. Para
rebobinar durante a reprodución, desprácese á esquerda
e manteña pulsada a tecla.
Para deter a reprodución ou o streaming, seleccione
Deter
. O proceso de gravación na memoria intermedia ou
a conexión coa páxina de streaming detense, a
reprodución do clip interrómpese e o clip rebobina ata o
principio.
Para ver o videoclip en modo de pantalla normal,
seleccione
Opcións
>
Contin. en pant. normal
.