Coa aplicación Radio pola Internet de Nokia (servizo de
rede), pode escoitar emisoras de radio dispoñibles na
Internet. Para escoitar emisoras de radio, cómpre
dispoñer dunha LAN sen fíos (WLAN) ou punto de acceso
de paquete de datos definido no dispositivo. Escoitar
emisoras pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. O método de conexión recomendado é WLAN.
Consulte co seu fornecedor de servizos os termos e cotas
dos servizos de datos antes de usar outras conexións. Por
exemplo, os plans de datos de tarifa plana poden permitir
a realización de grandes transferencias de datos previo
pago dunha tarifa mensual.