
Impresión de imaxes
Para imprimir imaxes coa función Impresión imaxes,
seleccione a imaxe que desexe imprimir e a opción de
impresión en Fotos, na cámara, no editor de imaxes ou no
visor de imaxes.
Utilice a función Impresión imaxes para imprimir as
imaxes mediante un cable de datos USB compatible ou a
conectividade Bluetooth. Tamén pode imprimir imaxes
por medio da LAN sen fíos. Se se insire unha tarxeta de
memoria compatible, pode gardar nela as imaxes e
imprimilas por medio dunha impresora compatible.
Só se poden imprimir imaxes co formato .jpeg. As imaxes
capturadas coa cámara gárdanse automaticamente co