Nokia E72 - Capturar unha imaxe

background image

Capturar unha imaxe

Seleccione

Menú

>

Multimedia

>

Cámara

.

O dispositivo admite unha resolución de captura de

imaxes de 2592 x 1944 píxeles. A resolución de imaxe

amosada nesta guía pode ter un aspecto diferente.
1. Use a pantalla como visor.
2. Para ampliar ou reducir a imaxe antes de capturala, use

as teclas de volume.

3. Para enfocar automaticamente se a

tecla Navi óptica está activada, apoie

o dedo na tecla de desprazamento.

Para capturar a imaxe, prema a tecla

de desprazamento.
Para enfocar automaticamente se a tecla Navi óptica

está desactivada, manteña premida a tecla de

desprazamento. Para capturar a imaxe, solte a tecla de

desprazamento.
O dispositivo garda a imaxe en Fotos.

Vexa "Tecla Navi óptica", p. 26.

A barra de ferramentas ofrécelle accesos directos a

diversos elementos e axustes antes e despois de capturar

unha imaxe ou gravar un videoclip. Seleccione entre as

seguintes opcións:

Cambiar a modo de imaxe.
Cambiar a modo de vídeo.

Seleccionar a escena.

Cambiar a modo panorámico.

Apagar a luz do vídeo (só modo de vídeo).
Acender a luz do vídeo (só modo de vídeo).

Seleccionar o modo de flash (só imaxes).
Activar o temporizador automático (só imaxes).
Activar o modo de secuencia (só imaxes).
Seleccionar un ton de cor.
Axustar o balance de brancos.

As opcións dispoñibles poden variar segundo o modo e a

vista na que estea. Os axustes volven aos valores

predeterminados cando se pecha a cámara.
Para personalizar a barra de ferramentas da cámara,

cambie ao modo de imaxe e seleccione

Opcións

>

Personaliz. barra ferram.

.

93

Multimedia