Recibir e responder a
mensaxes multimedia
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes,
xa que é posible que conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Consello: Se recibe mensaxes multimedia que
conteñen obxectos non admitidos polo dispositivo,
non poderá abrilos. Probe a envialos a outro
dispositivo, como un ordenador, e ábraos alí.
1. Para responder a unha mensaxe multimedia, ábraa e
seleccione
Opcións
>
Responder
.
2. Seleccione
Ao remitente
para responderlle ao
remitente,
A todos
para responderlles a todas as
persoas incluídas na mensaxe recibida,
Por mensaxe
de audio
para responder cunha mensaxe de audio ou
Por correo
para responder cunha mensaxe de correo
electrónico. A mensaxe de correo electrónico só está
dispoñible se hai unha caixa do correo configurada e
se a mensaxe se envía desde un enderezo de correo
electrónico.
3. Introduza o texto da mensaxe e seleccione
Opcións
>
Enviar
.