
Mensaxes de texto e
multimedia
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles
poden recibir e visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
Unha mensaxe multimedia (MMS) pode conter texto e
obxectos como imaxes, clips de son ou videoclips. Antes
de poder enviar ou recibir mensaxes multimedia no seu
dispositivo, cómpre definir os axustes das mensaxes
multimedia. É posible que o dispositivo recoñeza ao
fornecedor da tarxeta SIM e configure automaticamente
os axustes correctos de mensaxes multimedia. Se non é
así, póñase en contacto con seu fornecedor de servizos
para obter os axustes correctos, solicitar os axustes ao
fornecedor de servizos nunha mensaxe de configuración
ou usar a aplicación do asistente de axustes.