Lector de mensaxes
Co Lector de mensaxes pode escoitar mensaxes de texto,
multimedia, de son e de correo electrónico.
Para escoitar mensaxes ou correo novos, na pantalla de
inicio manteña premida a tecla de selección esquerda ata
que se abra o Lector de mensaxes.
Para escoitar unha mensaxe da súa caixa de entrada,
desprácese ata a mensaxe e seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para escoitar unha mensaxe de correo
electrónico da súa caixa de correo, desprácese ata a
mensaxe e seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para finalizar
a lectura, prema a tecla Rematar.
Para facer unha pausa e continuar a lectura, prema a tecla
de desprazamento. Para pasar á seguinte mensaxe,
desprácese á dereita. Para volver reproducir a mensaxe ou
o correo electrónico actuais, desprácese á esquerda. Para
saltar á mensaxe anterior, desprácese á esquerda no
principio da mensaxe.
Para ver a mensaxe ou o correo electrónico actuais en
formato de texto sen o son, seleccione
Opcións
>
Ver
.
46
Mensaxería