Mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
En Mensaxería (servizo de rede) pode enviar e recibir
mensaxes de texto, multimedia, de son e de correo
electrónico. Tamén pode recibir mensaxes do servizo de
web, mensaxes de difusión celular, mensaxes especiais
con datos e comandos do servizo de envío.
É posible que teña que facer o seguinte antes de enviar ou
recibir mensaxes:
• Insira unha tarxeta SIM válida no dispositivo e sitúese
dentro da zona de servizo dunha rede de telefonía
móbil.
41
Mensaxería
• Verifique que a rede admite as funcións de mensaxes
que quere utilizar e comprobe que están activadas na
tarxeta SIM.
• Configure o punto de acceso a Internet no dispositivo.
• Configure a conta do correo electrónico no dispositivo.
• Configure as mensaxes de texto no dispositivo.
• Configure as mensaxes multimedia no dispositivo.
É posible que o dispositivo recoñeza o fornecedor da
tarxeta SIM e que configure automaticamente algúns
axustes de mensaxe. Se non é así, pode que teña que
definir os axustes manualmente ou poñerse en contacto
co fornecedor de servizos para que lle configure os
axustes.