Nokia E72 - Compartir a posición

background image

Compartir a posición

Publique a súa posición actual en Facebook e engádalle

texto e unha imaxe. Os seus amigos de Facebook poderán

ver a súa posición nun mapa.
Seleccione

Menú

>

Mapas

e

Comp. posic.

.

Para compartir a posición, cómpre ter unha conta en Nokia

e outra en Facebook.
1. Inicie sesión na súa conta Nokia. Se aínda non dispón

dunha, seleccione

Crear nova conta

.

2. Inicie sesión na súa conta de Facebook.
3. Seleccione a súa posición actual.
4. Introduza o seu estado.
5. Para anexar unha imaxe á súa mensaxe, seleccione

Engadir unha foto

.

6. Seleccione

Compartir posición

.

Xestionar a súa conta de Facebook — Na vista principal,

seleccione

Opcións

>

Conta

>

Axustes para compartir

lugares

>

Facebook

.

Para poder compartir a súa posición e ver a posición dos

outros usuarios cómpre estar conectado a internet. Isto

pode implicar a transmisión de grandes cantidades de

datos e a aplicación de tarifas de tráfico de datos

relacionadas.
O uso compartido da posición en Facebook está rexido

polos termos de uso de Facebook. Revise os termos de uso

e a política de privacidade de Facebook.
Antes de compartir a súa posición con outros usuarios,

teña en conta sempre con quen a está a compartila.

Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede

social que está a utilizar, xa que é posible que comparta a

súa posición cun grupo grande de persoas.