Atopar unha localización
Mapas axúdalle a atopar localizacións e negocios
específicos.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Buscar
.
1. Introduza palabras de busca como un enderezo ou un
código postal. Para borrar o campo de busca,
seleccione
Borrar
.
2. Seleccione
Ir
.
3. Na lista de coincidencias propostas, desprácese ata o
elemento que desexe. Para visualizar a localización no
mapa, seleccione
Mapa
.
Para ver as outras localizacións na lista de resultados
da busca no mapa, desprácese cara a arriba ou abaixo.
Volver á lista de coincidencias propostas — Seleccione
Lista
.
Buscar tipos diferentes de lugares próximos —
Seleccione
Explorar categorías
e unha categoría, como
compras, aloxamento ou transporte.
Se non se atopan resultados na busca, asegúrese de que
escribiu os termos de busca correctamente. Se ten
problemas coa súa conexión á Internet, isto pode afectar
tamén á localización de resultados cando realiza buscas
na Internet.
Para evitar as tarifas de transferencia de datos, tamén
pode obter resultados de busca sen dispoñer dunha
conexión á Internet activa, se dispón de mapas da zona
buscada almacenados no seu dispositivo.
Amosar os detalles da
localización
Amosar máis información sobre un lugar ou posición
específicos, como un hotel ou restaurante, se está
dispoñible.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
M. posic.
.