Ver a súa localización e o mapa
Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas
de diferentes cidades e países.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
M. posic.
.
marca a súa situación actual, se está dispoñible. Se a
súa posición non está dispoñible, indica a súa última
posición coñecida.
Se soamente se atopa dispoñible o posicionamento
baseado na ID de cela, un halo vermello arredor da icona
de posicionamento indica a zona xeral na que debería
estar. En zonas densamente poboadas, aumenta a
precisión da estimación e o halo vermello é máis pequeno
que nas zonas pouco poboadas.
Moverse polo mapa — Utilice a tecla de desprazamento.
O mapa está orientado cara ao norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida —
Prema 0.
Ampliar ou reducir unha imaxe — Prema * ou #.
Se se despraza ata unha zona non cuberta polos mapas
que se atopan gardados no seu dispositivo e dispón dunha
conexión de datos activa, descargaranse
automaticamente mapas novos.
A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.