Acerca dos métodos de
posicionamento
Mapas amosa a súa localización no mapa mediante o
sistema de posicionamento baseado en GPS, A-GPS, WLAN
ou ID de cela.
O GPS (Sistema de Posicionamento Global) é un sistema de
navegación baseado en satélite empregado para calcular
a súa posición. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede
que lle envía os datos do GPS, mellorando a velocidade e
precisión do posicionamento.
O posicionamento mediante rede de área local sen fíos
(WLAN) mellora a precisión do posicionamento cando os
sinais de GPS non se atopan dispoñibles, especialmente
cando se atopa en lugares interiores ou entre edificios
altos.
Mediante o posicionamento baseado en ID de cela, a
posición determínase mediante a antena de
telecomunicacións á que se atopa conectado o seu
dispositivo móbil nestes intres.
En función do método de posicionamento dispoñible, é
posible que a precisión do posicionamento varíe entre uns
metros e varios quilómetros.
Cando utilice Mapas por primeira vez, solicitaráselle que
defina o punto de acceso á Internet que desexa usar para
descargar a información do mapa, que empregue A-GPS
ou que se conecte a unha rede WLAN.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado
polo goberno dos Estados Unidos, que é o único
responsable da precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode verse afectada
polos axustes nos satélites GPS efectuados polo goberno
dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do Ministerio de
defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación
federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén
pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel do
satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden
verse afectadas pola súa localización, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean
dispoñibles no interior dos edificios ou en pasos
subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha
localización precisa e vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para
a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible
que se produzan erros de redondeo. A precisión tamén se
pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos
sinais GPS.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea
restrinxida nalgúns países. Por exemplo, en Francia só está
permitido utilizar redes WLAN en lugares interiores. Para
obter máis información, contacte coas súas autoridades
locais.
82
Mapas