Axuda do dispositivo
O teléfono contén instrucións que lle axudarán a empregar
as aplicacións que se inclúen nel.
Para abrir textos de axuda do menú principal, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Axuda
>
Axuda
e a aplicación
cuxas instrucións desexa ler.
Cando unha aplicación se atopa aberta, seleccione
Opcións
>
Axuda
para acceder á axuda correspondente
á vista actual.
Cando estea a ler as instrucións, seleccione
Opcións
>
Reducir tamaño fonte
ou
Aumentar tamaño fonte
para
cambiar o tamaño do texto de axuda.
Pode que atope ligazóns aos temas relacionados ao final
do texto de axuda. Se selecciona unha palabra subliñada,
amosarase unha breve explicación. Os textos de axuda
utilizan os seguintes indicadores: Ligazón a un tema da
axuda relacionado. Ligazón á aplicación que se está a
tratar.
Ao ler as instrucións, seleccione
Opcións
>
Amosar
aplics. abertas
e a aplicación desexada para cambiar
entre os textos de axuda e a aplicación que está aberta no
segundo plano.