Asistencia técnica
Se desexa obter máis información acerca do uso do
produto ou non está seguro de como debe funcionar o
teléfono, lea a guía do usuario no teléfono. Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Axuda
>
Axuda
.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das
seguintes opcións:
• Reinicie o seu teléfono. Apague o teléfono e extraia a
batería. Agarde un minuto aproximadamente, volva
colocar a batería e acenda o teléfono.
• Actualice o software do teléfono
• Restaurar os axustes orixinais de fábrica
Se tampouco así se soluciona o problema, contacte con
Nokia para informarse sobre as opcións de reparación.
Visite www.nokia.com/repair. Antes de enviar a amañar o
teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos seus
datos.