
actualizacións das aplicacións
Coas actualizacións do software do dispositivo e as
actualizacións das aplicacións, pode obter novas
características e funcións melloradas para o dispositivo. A
actualización do software pode mellorar tamén o
rendemento do dispositivo.
10
Localización de axuda

Recoméndase que realice
unha copia de seguridade
dos seus datos persoais
antes de actualizar o
software do dispositivo.
Aviso: Se instala unha
actualización de software,
non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera
para efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar
a instalación e reiniciar o
dispositivo.
A descarga de
actualizacións de software
pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de
carga suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do
dispositivo, é posible que as instrucións da guía de usuario
non estean xa actualizadas.
Actualizar software e