Nokia E72 - Seguridade da conexión

background image

Finalizar a conexión

Finalizar a conexión e pechar a aplicación do

navegador — Seleccione

Opcións

>

Saír

.

Eliminar cookies — Seleccione

Opcións

>

Borrar datos

privacid.

>

Cookies

. As cookies conteñen información

recollida sobre as súas visitas a páxinas web.

Seguridade da

conexión

Cunha conexión segura e certificados de seguridade, é

posible navegar con seguridade pola Internet.
Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante unha

conexión, significa que a transmisión de datos entre o

dispositivo e a pasarela da Internet ou o servidor está

cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de datos

entre a pasarela e o servidor de contido (onde se

almacenan os datos) é segura. O fornecedor de servizos

protexe a transmisión de datos entre a pasarela e o

servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de certificados de

seguridade nalgúns servizos, como os servizos de banca.

Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non

dispón do certificado de seguridade correcto no teléfono,

recibirá unha notificación. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

Importante: Aínda que o uso de certificados reduce

considerablemente os riscos relacionados coas conexións

remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos

correctamente para beneficiarse do aumento da

seguridade. A existencia dun certificado non ofrece

protección por si mesmo. O administrador do certificado

debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou

fiables para poder aumentar a seguridade. Os certificados

teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado

caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso

de que o certificado debera ser válido, comprobe que a

hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre

asegurarse de que o propietario do certificado é realmente

fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.