
Ovi by Nokia
Con Ovi by Nokia, pode atopar novos lugares e
servizos e manterse en contacto cos seus amigos. Pode
facer o seguinte, por exemplo:
• Descargar xogos, aplicacións, vídeos e tons de chamada
ao dispositivo
• Orientarse mediante a navegación para peóns ou para
coche gratuíta, planear viaxes e ver localizacións nun
mapa
• Obter unha conta de Correo Ovi gratuíta
22
Inicio

• Obter música
Algúns elementos son gratuítos, mais é posible que outros
sexan de pago.
É posible que os servizos dispoñibles varíen tamén en
función do país ou rexión e non todos os idiomas son
compatibles.
Para acceder aos servizos de Ovi de Nokia, consulte a
páxina www.ovi.com e rexistre a súa propia conta Nokia.
Para obter máis información, consulte o apartado de
asistencia en www.ovi.com/support.