Nokia E72 - Nokia Ovi Suite

background image

Nokia Ovi Suite

Nokia Ovi Suite é un conxunto de aplicacións que pode

instalar nun PC compatible. Ovi Suite agrupa todas as

aplicacións dispoñibles nunha ventá do lanzador dende a

que pode abrir as aplicacións. Ovi Suite pode estar incluído

nunha tarxeta de memoria se esta se proporcionou co

dispositivo.
Pode usar Ovi Suite para sincronizar contactos, axendas,

cousas por facer e outras notas entre o seu dispositivo e

unha aplicación de PC compatible. Tamén pode utilizar Ovi

Suite para transferir os favoritos entre o seu dispositivo e

navegadores compatibles e transferir imaxes e videoclips

entre o dispositivo e un PC compatible.
Preste atención aos axustes de sincronización. O borrado

de datos como parte normal do proceso de sincronización

está determinado polos axustes seleccionados.
Para usar Ovi Suite, necesita un PC co sistema operativo

Microsoft Windows XP (SP2 ou posterior) ou Windows

Vista (SP1 ou anterior), e que sexa compatible cun cable

de datos USB ou con conectividade Bluetooth.
Ovi Suite non é compatible con ordenadores Apple

Macintosh.
Para obter máis información acerca de Ovi Suite, consulte

a axuda incorporada ou diríxase á páxina

www.nokia.com/support.

Instalación de Nokia Ovi Suite

1. Asegúrese de que a tarxeta de memoria está inserida

no dispositivo Nokia E72.

2. Conecte o cable USB. O PC recoñece o novo dispositivo

e instala os controladores necesarios. Esta operación

pode levar varios minutos.

3. Seleccione

Almacenaxe masiva

como o modo de

conexión USB no seu dispositivo. O seu dispositivo

aparece no explorador de ficheiros de Windows como

un disco extraíble.

4. Abra a raíz do controlador da tarxeta de memoria co

explorador de ficheiros de Windows e seleccione o

ficheiro de instalación de Ovi Suite.

5. Empeza a instalación. Siga as instrucións.

Consello: Para actualizar Ovi Suite, ou se ten

problemas ao instalar Ovi Suite desde a tarxeta de

memoria, copie o ficheiro de instalación no PC e

realice a instalación desde o PC.