Nokia E72 - Inserir a tarxeta SIM e a batería

background image

Inserir a tarxeta SIM e a

batería

Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-

UICC, tamén coñecida como tarxeta micro-SIM, unha

tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM que

dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración)

neste dispositivo. Unha tarxeta micro-SIM é máis pequena

que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo non admite o

uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM

incompatibles pode danar a tarxeta ou o dispositivo e

pode corromper os datos almacenados na tarxeta.

Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e

desconecte o cargador antes de extraer a batería.
1. Quite a tapa traseira.

2. Extraia a batería se se atopa inserida.

3. Tire do soporte da tarxeta SIM e insíraa. Asegúrese de

que a área de contacto da tarxeta estea orientada cara

abaixo e a esquina biselada da tarxeta estea orientada

cara á esquina biselada do soporte. Coloque de novo o

soporte da tarxeta SIM.

4. Aliñe os contactos da batería cos conectadores

correspondentes do compartimento e insira a batería.

15

Inicio

background image

5. Volva colocar a tapa traseira.

Inserir a tarxeta de

memoria

Utilice únicamente as tarxetas microSD e microSDHC

compatibles autorizadas por Nokia para utilizar co

dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria

autorizados para as tarxetas de memoria, pero pode que

algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con

este dispositivo. As tarxetas non compatibles poden

producir danos na tarxeta e no dispositivo e danar os datos

almacenados na tarxeta.
É posible que xa se atope inserida no dispositivo unha

tarxeta de memoria. No caso contrario, faga o seguinte:
1. Insira unha tarxeta de memoria compatible na rañura.

Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta se

atope orientada cara arriba e cara á rañura.

2. Empuxe a tarxeta cara o

interior. Escoitará un clic cando

a tarxeta encaixe no seu lugar.

Extraer a tarxeta de

memoria

Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante

unha operación na que se estea accedendo á mesma, xa

que podería producir danos na tarxeta de memoria e no

dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
1. Antes de retirar a tarxeta de memoria, prema a tecla

de acendido e seleccione

Retirar tarxeta memoria

.

Pecharanse todas as aplicacións.

2. Cando se amose a mensaxe

Se retira a tarxeta de

memoria pecharanse todas as aplicacións abertas.

Retirar?

, seleccione

Si

.

3. Amosarase a mensaxe