Escritura de texto co teclado
O seu dispositivo ten un teclado completo.
Cambio entre os diferentes modos de carácter — Para
cambiar entre maiúsculas e minúsculas, prema a tecla de
maiúsculas dúas veces. Para introducir unha soa letra en
maiúscula cando estea no modo de minúsculas ou
viceversa, prema a tecla de maiúsculas unha vez e despois
a tecla do alfabeto que lle interese.
Inserción dun número o carácter especial impreso na
parte superior dunha tecla — Manteña premida a tecla
de función e despois a tecla do alfabeto correspondente,
ou manteña premida a tecla do alfabeto soamente. Para
inserir varios caracteres especiais seguidos, prema
rapidamente a tecla de función dúas veces e despois as
19
Inicio
teclas do alfabeto que lle interesen. Para regresar ao modo
normal, prema unha vez a tecla de función.
Inserción dun carácter especial que non aparece no
teclado — Prema a tecla de símbolos e seleccione e
un carácter.
Inserción dunha letra que non aparece no teclado —
É posible inserir variacións de letras, por exemplo, letras
con acentos. Por exemplo, para inserir "á", manteña
premida a tecla de símbolos e prema simultaneamente a
tecla A de forma repetida, ata que se amose o carácter que
lle interese. A orde e dispoñibilidade das letras depende
do idioma de escritura seleccionado.
Inserción dunha emoticona — Prema a tecla de
símbolos e seleccione unha emoticona. As emoticonas
soamente están dispoñibles para mensaxes de texto e
multimedia.
Consello: Para engadir un carácter especial
utilizado recentemente, mentres mantén premida
a tecla Ctrl, prema a tecla de símbolos e seleccione
el carácter no menú emerxente.
Copia e pegado de texto
1. Manteña premida a tecla de maiúsculas e desprácese
para resaltar el texto que queira copiar.
2. Prema Ctrl + C.
3. Vaia ao lugar onde quere pegar o texto e prema Ctrl +
V.
Cambio do idioma de escritura o activación da entrada
de texto preditivo — Seleccione
Opcións
>
Opcións de
entrada
.