Cargar a batería
A batería vén medio cargada de fábrica. Se o dispositivo
indica unha carga baixa, faga o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma de parede.
2. Conecte a caravilla do cargador ao dispositivo.
Se está usando un cargador USB, conecte o enchufe do
cargador no conector USB.
3. Cando o dispositivo indique que a batería está
completamente cargada, desconecte primeiro o
cargador do dispositivo e logo da toma de parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de
tempo determinado e é posible utilizar o dispositivo
cando está cargando. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Cargar co cable de datos USB
A carga co cable de datos USB é máis lenta que co cargador.
É posible que a carga co cable de datos USB non funcione
17
Inicio
se utiliza un hub USB. Os hubs USB poden ser incompatibles
para cargar un dispositivo USB.
Cando o cable de datos USB está conectado, pódense
transferir datos ao mesmo tempo que se carga.
1. Conecte unha unidade USB compatible ao dispositivo
utilizando un cable de datos USB.
Dependendo do tipo de unidade utilizada para cargar
pode que tarde un momento antes de comezar.
2. Se o dispositivo está conectado, seleccione un dos
modos USB dispoñibles.