Nokia E72 - Vehículos

background image

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas

electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos

dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de

combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control

de velocidade electrónicos e os sistemas de airbag. Para

obter máis información, consulte co fabricante do vehículo

ou do equipo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun

vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación

ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode

invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que

todos os dispositivos sen fíos do vehículo funcionen e

estean montados correctamente. Non almacene nin

transporte líquidos inflamables, gases ou materiais

explosivos no mesmo compartimento que o dispositivo,

os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que os airbag

despréganse con gran forza. Non coloque o dispositivo nin

accesorios na zona onde se desprega o airbag.
Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de

teledispositivos sen fíos nunha aeronave pode resultar

perigoso para o funcionamento do avión, e pode ser ilegal.