Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a
radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de
uso no oído ou cando se coloca polo menos a unha
distancia de 2,2 centímetros (7/8 polgadas) do corpo. Se
se utiliza unha funda de transporte, unha pinza para o
cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ao
corpo, estes non deberán conter ningunha peza de metal
e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada
anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre
dispoñer dunha conexión de calidade á rede. É posible que
o envío de ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata
que se atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte
as instrucións sobre a distancia de separación ata
completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É
posible que os materiais metálicos sexan atraídos polo
dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros
soportes de almacenaxe magnéticos preto do dispositivo,
xa que é posible que se elimine a información almacenada
neles.